Volver

Aparcadoiros para bicicleta

Jorge Martínez Jorge Martínez  •  27/04/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 42

O título xa o di todo.

A cuestión é que a cidade está tomando unha direción clara que apunta a ampliar a utilización da bicicleta. Pero hai que ter en conta que vivimos nunha cidade, polo cal ou se deixa a bici fora, ou nun garaxe ou se suben as bicis ás vivendas. E non todas as vivendas teñen facilidade de acceso como para subir unha bici ata un terceiro.

É por iso que a proposta consiste en darlle un segundo uso aos aparcadoiros de bicicoruña, facéndoos máis grandes. Desta forma, cada un destes aparcadoiros tería unha maior extensión para poder gardar un número determinado de bicis persoais. Ademais, (aínda que a experiencia previa mostra que non é recomendable polo vandalismo), cada aparcadoiro podería ter ferramentas destinadas a manter en boas condicións as bicicletas. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Unha das propostas do Concello é facer da bicicleta un medio de transporte cotián na cidade, intentando diminuír o uso dos vehículos particulares e o autobús e tratando de cambiar a idea de que a bicicleta é un transporte para o ocio. Tratando de mellorar os servizos relacionados coas bicicletas, proponse instalar bases aparca-bicicletas en puntos estratéxicos da cidade para facilitar a comunicación entre barrios. O prezo dunha base de 6 aros é aproximadamente de 1.600 €, polo que se poderían instalar 31 bases aparca-bicicletas." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • .weatherwax

    Hai outras dúas propostas neste sentido, mesmo con exemplos e todo. Se as integrades, estariades entre as primeiras. Gran idea:
    https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/98
    https://aportaaberta.coruna.es/budgets/1/investments/468

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • Jorge Martínez

      Si, estiven a ollalas. Mais, como xa preguntan nas outras, non sei como é posible. Esta é unha boa proposta para a plataforma propiamente dita.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • miguel7

      A mi estas propuesta me parece empezar la casa por el tejado,poner aparcamientos de bicicletas ,en sitios donde es casi inviable para la mayoría llegar en bici hasta ahi ,es crear un problema mas ,porque van a estar vacios ,y eso va a hacer que la gente utilice eso como justificación de que la gente en realidad no esta interesada en usar la bicicleta.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • Jorge Martínez

        Que propós pola contra para a xente que utiliza a bici e non ten onde gardala mais que na súa casa (coa consecuente falta de espazo e problemas para gardala)?

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
      • tela

        En las obras de reforma de la Plaza de San Pablo, justo detrás de la Iglesia, se va a construir un bicicoruña en lugar de los juegos infantiles que pasarán a la Plaza de Recife, encima del garaje Madrid.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        • Jorge Martínez

          Edito: Aínda que a proposta está suxerida para o distrito 9 (é o distrito no que eu me localizo), obviamente é unha proposta que pode estar destinada a todos os distritos nos que haxa un aparcadoiro de bicicoruña. Por outra banda tamén sería interesante pensar nalgunhas formas para que aparcar as bicis ao aire libre sexa seguro ante o clima primeiro, e ante os posibles roubos de pezas (ou da bicicleta enteira).

          Ningún voto  | 
          0
          0
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
          • monfero

            Unha proposta moi interesante.
            Para garantir a seguridade ante roubos e protexer as bicicletas de choivas e corrosión (que vivimos ao lado da costa) podería estar ben un aparcadoiro pechado. Un proxecto similar sería o Ciclenergy, que ademais faría un aproveitamento eléctrico do aparcadoiro con paneis solares: +info: http://www.germinadorsocial.com/proyectos/ciclenergy/

            2 votos  | 
            2
            0
            1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
            • Jorge Martínez

              Moi boa resposta, non sabía da existencia deste proxecto. A idea do aparcadoiro pechado era a que tiña na cabeza ao pensar na posible protección, mais non teño claro que sexa posible debido ao seguro encarecemento. Aínda así, moitas grazas pola participación!

              Ningún voto  | 
              0
              0
              Sen respostas
          Non hai fitos definidos