Volver

Prantación de árbores nas rúas

isabel.souto isabel.souto  •  13/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 406

Plan integral de prantación de árbores nas rúas do distrito, priorizando as zonas sen parques.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: “Tendo en conta que se trata dunha proposta xenérica o orzamento máximo será de 50.000 euros. A plantación poderíase repartir entre a plantación en pavimento e zonas urbanizadas e en zonas 'brandas' como xardíns e parques. O prezo unitario de plantación en pavimento é de 1.500 euros/unidade, mentres que a plantación de arbores en zona verde con rego pode oscilar entre os 500 e 700 euros a unidade (depende da calidade do solo, da existencia ou non de rego, da especie e dos tamaños elixidos).” Agradecemos a túa participación nos orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.

Non hai fitos definidos