Código proposta de investimento: 341
Adquisición de terreos para a ampliación da parte pública do futuro parque do Agra.
Localización: PARQUE DO AGRA
Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A obtención dos terreos destinados ao parque da Agra debe realizarse co desenvolvemento urbanístico do polígono M-22 previsto no vixente PXOM. Porén, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou parcialmente as determinacións contidas no Plan xeral de ordenación municipal para este polígono e, en consecuencia, non é viable o desenvolvemento urbanístico do polígono." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.
Vital