Volver

Reurbanización de Peruleiro

A. Martínez A. Martínez  •  30/09/2023  •  Distrito 5  • 

Proposta Peruleiro
Proposta Peruleiro

Código proposta de investimento: 4550

A Avenida do Peruleiro atópase nun estado lamentable. Coches en doble fileira, beirarúas estreitas, ausencia de arborado... Sendo unha das principais vías de comunicación da Agra-Visma-Mariñeiros con Riazor.

Proponse unha intervención integral, trasladando toda a fileira de aparcadoiros dun lateral da rúa ata a Rolda de Outeiro no tramo entre Peruleiro e o Pavo Real, en Batería, eliminando un dos viais de circulación (tres sobredimensionados). Mantendo así TÓDALAS prazas de aparcamento da rúa.

Na propia rúa ampliaríanse as beirarúas, integrando arborado e pequenas zonas de estancia e desfrute, así coma un carril bici que continuaría a senda ciclista entre Ronda de Nelle-Cidade Escolar-Avenida da Habana e comunicando cos Mariñeiros.  Deste modo o peón gañaría protagonismo, a rúa sería mais verde e espaciosa como corredor, permitiríase a conexión segura e con pocas pendientes con bicicleta e manteríanse tódalas prazas de aparcadoiro.

No caso de exceder o orzamento do distrito ou de toda a cidade, proponse a intervención por tramos de rúa. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Gabriel

    Ese carril bici se é unidireccional debería ser a contraman para conectar o da Av Habana cos Mariñeiros e o futuro polígono de Visma, que conta no seu proxecto cun carril bici á altura da rúa Lagares.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • A. Martínez
      A. Martínez  •  Autor  •  02/10/2023 19:00:58

      A idea é que sexa bidireccional e dese lado para evitar os cruzamentos coa parada de bus ou co edificio que queda a cota inferior da rúa e que invade a beirarúa do lado da marcha, moi preto da Rolda de Outeiro.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    Non hai fitos definidos