Volver

REPARACIÓN E ASFALTADO DE PISTAS E CAMIÑOS DO LUGAR DE ELVIÑA E CASTRO DE ELVIÑA

Castrexa_de_Elviña Castrexa_de_Elviña  •  30/09/2023  •  Distrito 9  • 

rúasconfochancos.JPG
rúasconfochancos.JPG

Código proposta de investimento: 4537

Durante os orzamentos partcipativos 2022 saíu positiva esta mesma proposta, os 150.000 euros do pasado ano todavía non foron executados, pero estamos informados de que non son suficientes para reparar todos os camiños e rueiros danados, polo que volvemos a facer a solicitude para seguir reparando novos camiños e rúas en mal estado. Isto sería unha segunda fase de asfaltado.

As pistas e camiños que as veciñas e veciños dos núcleos da parroquia de San Vicente de Elviña (Elviña e Castro de Elviña) empregamos para os nosos desprazamentos e actividades cotiás atópanse nun estado lamentable estando moitos deles sen asfaltar, e os que se atopan asfaltados con grandes deficiencias. Polo que pedimos que se destinen orzamentos ao amaño destas vías de comunicación imprescindibles para toda a poboación que vivmos nesta zona.   

Proposta en nome de: AVV "Os Rexumeiros" de Elviña Castro

Informe de custo

A proposta é considerada viable técnicamente como continuidade da proposta gañadora do ano anterior que, está neste momento en fase de redacción do proxecto. Co orzamento asignado seguirase o traballo de asfaltado noutros novos camiños.

Non hai fitos definidos