Volver

Creación dun espazo de encontro veciñal en Castro

Castrexa_de_Elviña Castrexa_de_Elviña  •  26/09/2022  •  Distrito 9  • 

catisa
catisa

Código proposta de investimento: 4267

Propoñemos acondicionar as instalacións da antiga fábrica da Catisa (hoxe de titularidade municipal) como un espazo vivo onde se localicen iniciativas colectivas. As instalacións sitúanse no Camiño do Lagar e contan cun edificio e unha praza. A proposta consiste en acondicionar o edificio para acoller diferentes colectivos e habilitar un espazo onde se poidan facer xuntanzas, exposicións, obradoiros, en definitiva, o que se propón é a creación dun lugar de encontro. A praza xa conta con bancos e mesas, o que é perfecto para funcionar como espazo de descanso e ocio. A proposta implica un investimento pequeno que supón unha moi boa oportunidade para dinamizar un espazo de encontro comunitario.

Proposta en nome de: AVV "Os Rexumeiros" de Elviña Castro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Non hai fitos definidos