Propostas de investimento con ámbito: Distrito 3

Esta partida ten un orzamento de 150.000 €

Parque Infantil

Mellora do parque infantil praza Francisco Prego

04/10/2021  •  rgarcia  •  Distrito 3

O barrio da Falperra non dispón doutra zona similar e sería adecuada para os nenos do barrio, ampliando e mellorando o actual.

95.000 €

CEIP LABACA: COBERTURA PARCIAL DO PATIO

28/09/2021  •  ANPA LABACA  •  Distrito 3

Actualmente o CEIP LABACA conta únicamente cun patio cuberto reducido para todo o centro escolar no que os alumnos podan disfrutar dos recreos resguardados da choiva, polo que necesitaríamos cubrir parcialmente unha pista da que dispón o centro e que se atopa totalmente á intemperie, de forma que os alumnos a disfrutan moi poucos días ó ano. 

75.000 €

CEIP LABACA: ACONDICIONAMENTO DE BAÑOS

28/09/2021  •  ANPA LABACA  •  Distrito 3

Actualmente os cuartos de baño do CEIP LABACA atopanse en moi mal estado, require unha necesidade imperiosa de acondicionamento e reforma.

60.000 €

Aumento e mellora do parque infantil da Praza de Vigo

29/09/2021  •  AnaT  •  Distrito 3

A praza de Vigo ten cada tarde centos de nenos da zona xogando pero conta cun parque infantil pequeno para tal afluencia. A proposta consiste en ampliar a zona infantil con mais e mellores xogos e eliminando unha ou as dúas pérgolas crear unhas zonas con porterías e canastas.

150.000 €