Volver

Carril bici Novo Mesoiro.

Natalia Natalia  •  04/10/2021  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 3566

O barrio precisa dun carril bici que se conecte co resto da cidade porque así habería unha alternativa máis para moverse aparte de coche ou do bus. E ademáis sería unha alternativa ecolóxica.

Proposta en nome de: Barrio Novo Mesoiro.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A implantación dun carril bici desde Novo Mesoiro co resto da cidade implica coordinación con outras administracións titulares da DP-0512 ( Diputacion). Aínda pendente da continuación pola estrada DP-0512 proponse a creación dun carril bici unidireccional en ambas as marxes da rúa Illas Sisargas ata o nucleo de Novo Mesoiro. O desenvolvemento da vía ciclista implantarase un carril bici unidireccional en ambas marxes da rúa Illas Sisargas conformado por un firme tipo MBC Vermello, modificando ou desprazando a liña de aparcamento en bateria existente por un aparcamento en liña. A sección de firme proposto para o carril bici, estará composta por unha vía por sentido de 2,25 a 2,50 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril onde non haxa aparcamento anexo. Os devanditos carrís bici serán unhas vías de unico sentido. Axustarase se é necesario a rede de pluviais mediante sumidoiros fóra da traza de rodadura ciclable segundo a xeometría da via. Nas zonas singulares tipo paradas de bus, realizarase unha adecuación para paso seguro pola parte posterior incluíndo reforzo de sinalización horizontal e vertical. Nas zonas que requiran unha adecuación maior pola interferencia con zonas peonís de beirarrúa, realizarase unha demolición da zona afectada, reposición de bordos en beirarrúas e execución dun novo firme de iguais características que a área precedente. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos de motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación.

Non hai fitos definidos