Volver

Paso ciclista no carril-bici Mesoiro-Universidade

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  03/10/2021  •  Distrito 9  • 

f4d0d5ee-778d-4217-9848-a3572d1cc532_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg
f4d0d5ee-778d-4217-9848-a3572d1cc532_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg

Código proposta de investimento: 3520

Dende o Campus de Elviña ata Mesoiro existe un carril-bici segregado. Sen embargo, no seu cruce co ramal da terceira rolda-Universidade non conta con paso ciclista, senón con paso de peóns. Polo tanto dende Mobi-liza propoñemos que nese punto, adxacente ao paso de peóns se habilite un paso ciclista, de forma que as persoas usuarias de bici e VMP poidan cruzalo montadas sobre o seu vehículo sen necesidade de apearse.

Localización: Carril-bici de Mesoiro á Universidade

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A adecuación dun novo paso de peóns con carril bici segregado só require a adecuación do pavimento co fin de garantir unha diferenciación de zonas entre usuarios peonís e ciclables. Por iso é necesario crear unha nova plataforma elevada con función de redución de velocidade vehicular de calzada, execución dun pavimento de MBC vermello para o carril bici e un reforzo na zona de entrada desde a Rotonda de Garcia Sabell mediante sinalización horizontal, vertical e infraestrutura de iluminación publico.

Non hai fitos definidos