Volver

Reforma da Rúa Vizcaya

Marcos Pérez Pena Marcos Pérez Pena  •  03/10/2021  •  Distrito 4  • 

Rúa Vizcaya
Rúa Vizcaya

Código proposta de investimento: 3482

A rúa Vizcaya, como moitas outras do barrio do Mallos, leva anos á espera de melloras, especialmente pensando nos peóns e -sobre todo- naqueles con máis dificultades de mobilidade, dende persoas maiores, en cadeira de rodas ou viandantes con carros de bebé. Cómpre unha reforma que amplíe o tamaño das beirarrúas, que na actualidade incumpren a normativa de accesibilidade, pois teñen unha anchura inferior a 1,80 metros.

A ampliación das beirarrúas debería ir acompañada do plantado de árbores entre a Praza de Monforte e a Avenida de Arteixo e podería aproveitarse para a reurbanización doutras rúas próximas que tamén incumpren a normativa de accesibilidade, como a rúa da Falperra (entre Ronda de Nelle e Rúa Noia) ou a Rúa Asturias, entre outras.

A Rúa Vizcaya funciona xa hoxe como unha vía de conexión entre a Praza Monforte (e por extensión os Xulgados e a zona de Cuatro Caminos) e a Avenida dos Mallos, a Avenida de Arteixo, o Parque de Santa Margarita e o conxunto do barrio da Sagrada Familia. Unha reforma que a convertese nunha rúa máis "paseable" e cómoda para camiñar e tamén para circular en bicicleta e VMP (grazas a unha mellora do firme e á limitación de velocidade), facilitaría a conexión entre barrios e achegaría o Parque de Santa Margarita a outras zonas da cidade. Sería unha oportunidade para estimular o actualmente degradado tecido comercial. Sería un bo complemento, finalmente, para a actual reforma do cruce entre Ronda de Nelle e Avenida de Arteixo, onde remata a Rúa Vizcaya.

Localización: Rúa Vizcaya

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Xancok

    Toda a razón. É unha pena como está o barrio de Os Mallos en xeral. Cómpre reformas urxentes, entre as cales túa sería moi interesante

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos