Volver

Peonalización Rúa Alta

AnaT AnaT  •  29/09/2021  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 3309

Agora que a Rúa Nova é peonil con calzada compartida para bicis e peatóns é necesario peonalizar a Rúa Alta executando unha plataforma única cun carril bici central que permita unir os percorridos ciclistas dos Cantóns e do Paseo Marítimo, e ao mesmo tempo facendo que os espazos para peatóns sexan accesibles.

Localización: Rúa Alta

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: A proposta ten un límite de orzamento de 150.000,00€, proponse a peonalización e preferencia peonil da Rúa Alta, dende a rúa San Andrés hata a rúa Cordelería. Plataforma única con carril bici no centro da rúa. Se pavimentarán as zoas peoniles con lousas de pedra a ambos marxes da rúa e a zoa central do carril bici con microaglomerado asfáltico. Na Proposta incluése o cambio da rede de augas fecais e a creación duhna nova rede de recollida de augas de choiva e a intalacion da rede de comunicacións municipais.

Non hai fitos definidos