Volver

Migración dos sistemas do concello a alternativas baseadas en Software Libre

pablocastro pablocastro  •  27/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Public Money, Public Code
Public Money, Public Code

Código proposta de investimento: 3206

Proponse migrar de forma paulatina aquel software que sexa posible dentro do concello cara alternativas baseadas en software libre, co fin de seguir a campaña "Diñeiro Público, Código Público" https://publiccode.eu/es/

Esto permitiría ter unha maior independencia tecnolóxica, facilitaría que a comunidade tecnolóxica local colaborara para mellorar o software que utilice o Concello así como supoñería un aforro considerable en licenzas de software.

Proponse dividir a proposta en 2 fases:

- Análise e estudo das tecnoloxías existentes na actualidade dentro do Concello co obxectivo de identificar as aplicacións máis susceptibles de ser migradas como por exemplo os actuais equipos con Windows e tamén obter alternativas viables para a súa implantación.

- Implantación das alternativas libres baseándose no estudo anterior, así como implantación de programas de formación para os empregados municipais.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Buena idea. Que el dinero público cree empleo aquí, en el Silicon Valley no necesitan el apoyo del concello.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    • agus328

      ¡Totalmente de acordo! Sen dúbida, se o pagamos nos con diñeiro público, debería ser código público.

      2 votos  | 
      2
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos