Volver

PASO DE PEÓNS AVENIDA ARTEIXO. LIMITE DISTRITO 10 E DISTRITO 4

olguisantos olguisantos  •  24/09/2021  •  Distrito 10  • 

VISTA AVENIDA ARTEIXO DENDE AS DUAS MARXES . DISTRITO 10 E 4
VISTA AVENIDA ARTEIXO DENDE AS DUAS MARXES . DISTRITO 10 E 4

Código proposta de investimento: 3087

Sendo coñecedores de diferentes peticións individuais e grupais feitas por veciñas e veciños da zoa de Vioño e Os Mallos; sendo conscientes da perigosidade á que nos enfrentamos cada día moitas persoas que cruzamos a Avenida de Arteixo de xeito incorrecto por unha senda "creada" polo uso; sendo observadores, ademais da disposición dun paso de peóns con anterioridade á pasarela peonil que se atopa á altura do IES Urbano Lugrís, presento a SOLICITUDE de estudo e investimento da colocación dun paso de peóns, regulado pola mesma frecuencia semafórica dos pasos existentes á altura da Cafetería Padock e do Centro Cívico dos Mallos, Á ALTURA DO NUMERO 90 da avenida de Arteixo nunha das marxes e do número 125 na marxe dos impares.

A urxencia e insistencia nesta petición ven motivada, mais que pola necesidade, pola propia seguridade de todos os veciños que usamos a senda. O seu uso está mais que demostrado pola propia anchura da senda, que cada vez é maior, pero acontecen, en ocasións, sucesos que poñen en perigo a seguridade viaria, tales como caídas, carreiras, sustos de conductores que ven cruzar por diante peóns, persoas esperando para cruzar no arcén, etc. 

Entendemos que, si a frecuencia do semáforo é a mesma que a dos existentes anterior (Padock) e posterior (Centro Cívico) aproveitando que os coches están parados, non debería influir na fluidez do tráfico.

Recordemos que entre os semáforos existentes hai casi 300 metros pero dase unha circunstancia a ter en conta. Na marxe correspondente a Vioño, non hai supermercados nin panaderías, por exemplo. Deste xeito, existe unha grande afluencia de veciñas e veciños de tódolos portais que pegamos co parque que acudimos aos Mallos a Eroski, peixería, carnicería, librería, hostelería, etc que se atopa xusto enfrente. Por este motivo, existe a senda na mediana da Avenida de Arteixo. 

A necesidade de accesibilidade, por tanto, non é un capricho, a acredita o uso constante e continuado que facemos desa zoa de paso que imos seguir usando diariamente, co risco que iso ocasiona.

Nas súas mans está solucionar esta situación que pode ocasionar accidentes indesexables.

Localización: AVENIDA ARTEIXO VIOÑO, A ALTURA DE ENCICLOPEDIA FRANCESA ENTRE OS NUMEROS 90 E 125 DA AVENIDA DE ARTEIXO

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: Considerando a necesidade de garantir a seguridade dos peóns ao cruzar a Avda. de Arteixo, proponse a creación dun novo paso de peóns na mediana axardinada da Avda. de Arteixo á altura da rúa Revolución Francesa. Deste xeito complétase a actuación remodelando o actual paso de peóns da rúa Revolución Francesa con Avda. de Arteixo.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ras

    Estoy totalmente de acuerdo con el promotor de esta idea. Pienso que además de facilitar el tránsito en esta zona (que también es ciudad, no vía rápida...) los vehículos terminarán (terminaremos) por reducir la velocidad que en algunos casos es sencillamente ilegal y peligrosa, tanto a la entrada como a la salida (especialmente a la salida hacia Carballo). Apoyo.

    7 votos  | 
    7
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos