Volver

Uso do idioma galego na sinalización viaria

Pichichi Pichichi  •  22/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Sinalización Avda. de Oza
Sinalización Avda. de Oza

Código proposta de investimento: 3003

O que se pretende con esta proposta é a utilización do idioma galego, tal como establece a normativa vixente, na sinalización viaria da nosa cidade, tal e como establece a lei de Normalización Lingüística de 1983.

Ao longo da cidade hai unha chea de carteis de sinalización viaria coa indicación en idioma castelán: "Casa del hombre", "Palacio de la Ópera"..., con topónimos deturpados: "Arteijo", "Finisterre"..., con denominacións non normativas: "Ciudad Vieja", "Puente del Pasaje", "Cementerio", "Salida de ciudad", "Puerto"... carteis que habería que modificar por outros rotulados en idioma galego.

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A sinalización non supón un gasto de investimento senon que é un gasto corrente, polo que a proposta non cumpre os requisitos para ser viable" Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ogaiago

    Apoio total. Empezando por estes carteis e a seguir polas placas co nome das rúas: *Payo Gómez/Paio Gómez (ou Gomes), *Buenos Aires/Bos Aires, *Riego de Agua/Rego de Auga, *Plazuela de los Ángeles/Praciña dos Anxos, *Caballeros/Cabaleiros (ou mellor, Alcabaleiros, nome orixinal). E o mesmo cos nomes dos santos, Santo André, San Domingos, San Xosé, Santa Catarina. Despois a xente que as chame como queira, que tamén hai quen segue a dicir Vivero, pero a sinalización debe ser no idioma galego.

    5 votos  | 
    4
    1
    Sen respostas
    • 6d8f76f7-fb35-45c5-ad02-2d5ccea45603

      Pois, xa de paso, deberiase aclarar algunas das placas cos nomes das rúas de exalcaldes franquista: Exemplos: Avenida do alcalde franquista Alfonso Molina; Av. do alcalde franquista Pérez Ardá; alcalde franquista S. Peñamaría de Llano; alcalde franquista Jaime Hervada Fernández-España; etc... Non sei que pintan no rueiro eses persoeiros da ditadura franquista.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • 6d8f76f7-fb35-45c5-ad02-2d5ccea45603

        Estaba a facerse co anterior goberno municipal pero á maioría de coruñesas e coruñeses parece que non lles gustaba e volveron aos vazquistas pesoistas...

        2 votos  | 
        1
        1
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • ogaiago

          O goberno da Marea avanzou entre moi pouco e nada en normalización lingüística na cidade. Se podes pórme aquí os exemplos, agradeceríacho, porque eu non os percibín.

          Ningún voto  | 
          0
          0
          Sen respostas
        • Pichichi
          Pichichi  •  Autor  •  22/09/2021 22:21:40

          Xa era hora de que alguén tomara a iniciativa de cambiar esta auténtica desfeita. Noraboa e adiante!

          4 votos  | 
          2
          2
          Sen respostas
          • Sandra83

            Sinceramente, temos maiores déficits na cidade como para poñer isto coma unha prioridade.

            3 votos  | 
            1
            2
            1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
            • ogaiago

              Vota as que che parezan a ti prioridades.
              Moitos pensamos que desde o 78 houbo así algún momentiño para irmos avanzando neste tema. Como para pospolo máis

              Ningún voto  | 
              0
              0
              Sen respostas
            Non hai fitos definidos