Volver

Conectar o carril bici nas Esclavas e Riazor

ddd ddd  •  22/09/2021  •  Distrito 5  • 

Esquema do carril bici
Esquema do carril bici

Código proposta de investimento: 3000

Circular en bici diante das Esclavas é moi complicado, xa que o carril bici do paseo marítimo acaba abruptamente nesa zona, provocando que haxa un tramo moi longo onde se ten que compartir unha estreita beirarrúa con moitos peóns, o que fai circular aquí perigoso ademais de incómodo. Por iso propoño a creación dun carril bici fronte as Esclavas para conectar o carril bici do paseo marítimo. Vin que o concello ten pensado facer un carril bici pola parte de atrás da escola, mais isto non me parece unha boa solución xa que é moita volta e ademais acaba antes de chegar ao paseo, así que seguiría habendo conflitos cos viandantes. Por iso propoño seguir o modelo que xa se implantou no tramo que vai desde esa zona até o Millenium e quitar un carril de tráfico ou a liña de aparcadoiro para facelo. Isto é viábel porque, como xa se dixo antes, xa se quitou un carril no tramo anterior sen moitos problemas, e neste tramo non pode entrar máis tráfico, polo que non ten por que haber maior problema que na sección anterior.

Nesta proposta tamén se inclúe acondicionar o tramo asfaltado do tranvía ás bicis desde as Esclavas até o carril bici que vai xunto a praia e facer que os corredores vaian na zona para peóns, porque é moi perigoso facer que as bicis vaian por alí.

Localización: Zona das Esclavas e Riazor

Informe de inviabilidade

A proposta foi calificada como INVIABLE porque existe unha proposta gañadora en anteriores edicións para a realización dun carril bici que une o mesmo trazado, pero ao carón do mar, e a obra está xa está en licitación.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ciudadano36

    Eu sí comparto a súa proposta de continuar o carril bici recto por onde actualmente están as plazas de aparcadoiro en vez de dar tanta volta por detrás das esclavas.
    O carril bici debe ir polas rúas principais e non darlle un itinerario desordeado e labiríntico por detrás das escravas. Que por favor corrixan o plan do axuntamento.

    1 voto  | 
    1
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • ddd
      ddd  •  Autor  •  05/10/2021 17:54:53

      Grazas polo teu comentario! Estou completamente de acordo contigo, mais o outro proxecto xa está en licitación e parece que o concello non está polo labor de reiniciar o proceso. A ver se no futuro hai máis sorte.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • JaviP

      Esa conexión ya está proyectada por el lado del mar delante de las esclavas, no sé si será una buena solución pero es lo que van a hacer

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • adrivigl

        O que estás marcando de cor azul é un carril para corredores, non para ir as bicis. No caso de facerse esta conexión tería que ser tanto o tramo azul coma o vermello. Penso que outra opción podería ser, incluso penso que xa hai algo proxectado, facer o carril bici rodeando as esclavas.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos