Volver

HUMANIZACIÓN ZONA AXARDINADA DAS CASAS DE FRANCO NA RONDA DE OUTEIRO

A. Martínez A. Martínez  •  22/09/2021  •  Distrito 6  • 

Exemplo do Paseo San Xoan en Barcelona
Exemplo do Paseo San Xoan en Barcelona

Código proposta de investimento: 2954

O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado. A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de San Xoan de Barcelona. Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con  mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación e incrementaría a segregación respecto ó tráfico. 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta está razoada e é compatible co proxecto que está a desenvolverse desde o Servizo de Rehabilitación e Vivenda. Trátase dun espazo público cun deseño non adecuado ás necesidades e uso actuais que é susceptible de cambio e mellora. Considérase a transformación dos parterres existentes nun espazo máis contemporáneo. O arborado existente require dun estudo biomecánico específico que se adapte e complemente o proxecto de rehabilitación do conxunto, financiado con fondos europeos."

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • mrcastro607

    Recordo que esta idea xa se presentara en anos anteriores e dinche o meu voto. Volvo a darcho este ano, a ver si hay sorte e este proxecto sae adiante.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos