Volver

Crear aparcadoiro disuasorio na beira da cidade

Jessica Jessica  •  21/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2324

Hai xente que ven á Coruña dende fóra da cidade e a ubicación da súa casa, mercancía ou xente a transportar, horario ou dolencia non lle permite chegar ata a cidade noutro medio que non sexa o coche persoal. Por iso propoño habilitar algún espazo adicional como aparcadoiro, nalgunha zona no límite da cidade onde non haxa outro (p.e. acceso dende as Xubias-Os Castros), que teña boa comunicación cara o resto das áreas urbanas. Habilitar algún terreo se o hai e quizais cobrar un prezo "simbólico", lonxe dos subterráneos actuais. Ou crear/reformar algún edificio para facer un aparcadoiro vertical. Existen os verticais automatizados, que aforran moito espazo no edificio e tempo para aparcar, xa que é un sistema robotizado o que distribúe o coche polo edificio. Tamén se podería cobrar un prezo "simbólico" por utilizalos. Descoñezo o custo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jesus

    Bo día Aroa, estou a favor de deixar os coches fóra da cidade e dos aparcadoiros disuasorios. Pero, que me dis acerca do aparcadoiro disuasorio de Lonzas? É de balde e case nunca alcanza a totalidade da súa capacidade. Non sería mellor aumentar as frecuencias das liñas de buses desde Lonzas no canto de facer un novo disuasorio? Xa me dis que che parece, e se estás ou non dacordo. Un saúdo.

    3 votos  | 
    3
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • fernando-pi

      Se queremos que un aparcamento deste tipo funcione, é imprescindible contar cunha boa comunicación de bus ao centro da cidade. O de Lonzas ten unha periodicidade de 20 minutos (30 en festivos), e termina as 22,30h. Así non vale desde logo.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • jesus

        Claro, por iso a miña pregunta é: un novo disuasorio ou reforzo e melloras para o xa existente?
        Vin outra proposta que apoiei na que se propuñan melloras deste tipo para o disuasorio de Lonzas no canto de crear un novo, coido que non sería tan custoso e que se notarían as melloras.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
    Non hai fitos definidos