Volver

Exprópiese a pista deportiva da Igrexa de San José

slamelov slamelov  •  07/05/2019  •  Distrito 10  • 

Pista deportiva de San Xosé
Pista deportiva de San Xosé

Código proposta de investimento: 1952

Na Igrexa de San José, na Rúa Sanjurjo de Carricarte, hai unha pista deportiva que, polo visto, pertence á Igrexia Católica. A pista está abandoada, con desperfectos e chea de cacas de can. O barrio ten gran carencia de instalacións deportivas abertas e o concello podería expropiar á Igrexa esa pista tendo en conta o interese xeral. Agora mesmo é un espazo inútil, suxo e ata perigoso, cunha pista deportiva daría maior dinamismo á zona.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos