Volver

Remodelación da Praza das Conchiñas

Por el civismo siempre Por el civismo siempre  •  06/05/2019  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1939

A praza das Conchiñas precisa dunha remodelación pois ten zonas que están ser rematar, é coñecido un vídeo de fai pouco con ratos correndo pola praza (a suciedade do mercado e contorna) e os nenos xogando a pega-los, a zona de xogo dos nenos é unha especie de oco con baixada que cando chove se chea de auga e queda logo mollado e sucio, ademáis da grande aglomeración de xente que teñe pola tardes, que o fai quedar pequeno. Eu acho que non sería mala idea unha nova praza con máis servizos e adaptada as necesidades do barrio e da zona, que son moitas.

Localización: Praza das Conchiñas

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos