A peonalización da rúa Ángel Senra, hoxe en día, presenta serias deficiencias, nomeadamente:
Imposibilidade de converterse nunha auténtica vía peonil, pola presenza de tráfico rodado en todos os tramos da rúa,
Ausencia de criterio arquitectónico e pobreza decorativa,
Equipamento deficiente, deteriorado e desorganizado,
Organización caótica e intrusiva do mobilariodos locais de hostalaría e dos vehículos mal-aparcados.
Cal é a proposta, daquela?
Reurbanizar a vía peonil para evitar que se poida transcorrer cos vehículos entre rúas perpendiculares, atravesando a peonil desde calquera das rúas adxacentes.
Rehumanizar a contorna (mobiliario, especies arbóreas...) desde unha planificación rigorosa e modernizando a vía (instalacións artísticas, fontes, espazos reservados para feiróns e actividades comerciais itinerantes etc.).
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro.
Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita.
Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
E, engadir que algúns coches,motos,...pasan moi rápido e calquer día levan a un neno por diante
Acceso á proposta completa: https://i.gal/angelsenra