Volver

PRIMEIRA FASE DE SUSTITUCIÓN DO ARBORADO POR AUTÓCTONAS EN SANTA MARGARIDA

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

Parque de Santa Margarida
Parque de Santa Margarida

Código proposta de investimento: 1707

Continuar o proceso de eliminación de eucaliptos e outras especies inapropiadas no parque de Santa Margarita por outras especies autóctonas.

Para facilitar a realización deste proceso e garantir unha participación máis plural, proponse dividir as áreas de parque en diferentes zonas de actuación, a fin de que a partida sexa dun coste menor á da intervención global e permita a súa realización en diferentes anos.

Así pois, no parque de Santa Margarida hai uns 100 pes de Eucalipto e é preciso realizar unha adecuación dos 10.000 m2 potencialmente afectados polos eucaliptos.

Por iso proponse a división da actuación en 4 fases, sendo esta proposta a primeira delas. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable de acordo co informe do equipo técnico municipal: "A proposta suscitada estase realizando desde fai anos no Parque de Santa Margarita. O número de zonas de actuación era maior para poder facer os traballos nun marco plurianual. A actuación pode facerse en 4 fases, simplemente é cuestión de planificalo adecuadamente e de reservar unha partida económica non só para talalas senón para a transformación integral das zonas cun enfoque máis contemporáneo e respetuoso coa biodiversidade. Considérase viable técnicamente, require un proxecto integral en 4 fases e desenvolvelo. Debe ser unha solución compatible co plan director do Parque de Santa Margarita existente." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Non hai fitos definidos