Volver

Substitución da unión do Castelo de San Antón por unha pasarela

smlebo smlebo  •  27/04/2018  •  Distrito 10  • 

Zona a eliminar e pasarela do Castelo de Santa Cruz
Zona a eliminar e pasarela do Castelo de Santa Cruz

Código proposta de investimento: 966

O Castelo de Santo Antón atópase situado na ILLA de Santo Antón, que foi unida á terra firme nos anos 40, prolongando o Peirao das Ánimas. Así, actualmente existe unha conexión do todo antinatural entre a illa e a terra, que afea o entorno.

Por iso, propoño eliminar a prolongación artificial dos anos 40, substituíndoa por unha pasarela de madeira, coma sucede no ‘xemelgo’ Castelo de Santa Cruz. Sería unha solución máis estética e lixeira.

As poucas prazas de aparcamento que se perderían poderían remediarse habilitando espacio no peirao deportivo e na zona da Maestranza, se fose necesario, se ben o novo aparcadoiro do Parrote xa remedia en gran medida a necesidade delas. Outra opción sería eliminar un carril – innecesario – do principio do Paseo Marítimo – entre o Castelo e o peirao deportivo e permitindo alí o aparcamento en batería.

Localización: Pode ter que negociarse coa Autoridade Portuaria

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa interesante proposta pero é inviable pois a actuación que proós non é competencia municipal senón da Autoridade Portuaria.

Non hai fitos definidos