Código proposta de investimento: 961
En tódalas cidades do mundo lémbrase a súa historia e persoeiros ilustres coa colocación de placas ou outros marcadores en lugares de relevancia histórica.
Na Coruña hai exemplos de marcadores. Porén, cada un é distinto, non sempre gozan do lugar senlleiro que merecen, nin están organizados.
Isto contrasta con Madrid ou Londres.
Por iso propoño o plan «Vivencias da Coruña». Primeiro farase un deseño característico das placas para honrar as efemérides e persoeiros da cidade (a poder ser en metal, económico e doado de manter). As placas colocaranse trocando as anteriores. Por último, crearase unha web con tódalas placas, un mapa para atopalas, e máis información sobre o seu contido. As placas poden conter un código QR que levase directamente á web, coma na da Casa de Juana de Vega.
Localización: Toda a cidade
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Máis votados