Volver

Ampliación do césped artificial do tobogán de Eirís

bolboreta bolboreta  •  23/04/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 881

Son moitos os nenos e nenas que a diario usan o tobogán grande do parque de Eirís. Entre o césped artificial e o asfalto hai uns dous metros de herba gastada de pisala e gravilla, e moitos nenos e nenas ao baixar da zona do tobogán resbalan e caen. Propoño ampliar o césped artificial ata o asfalto dado que son só uns 2 metros e a inversión non é grande.

Ademais actualmente hai como unha pequena barreira de madeira na que poden tropezar os máis pequenos, e poñendo o césped artificial ata o camiño asfaltado non tropezarían.

Graciñas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lodas

    Indistintamente los niños/as no utilizan los cartones por no bajar por el tobogán, sino que les gusta mucho mas bajar por el cesped. Lo que debería indicarse con un gran cartel es que no se dejen los cartones tirados cuando los/as niños/as se van para casa. Es una práctica muy usada en esa zona de muy mala educación por parte de los padres/madres y tutores

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • bolboreta
      bolboreta  •  Autor  •  31/08/2018 08:29:56

      Exacto. Os nenos e nenas non baixan polo césped como alternativa ao tobogán senón como complemento, porque lles gusta e baixan máis rápido e ata hai nenos e nenas que baixan co cartón polo tobogán para ir máis rápido.
      O problema está en que logo os cartóns quedan alí e hai días que da noxo ver o estado dos arredores do tobogán.
      E iso, é algo que depende da responsabilidade individual e o civismo, de pais, nais, coidadores e nenos/as.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    • alba88

      Y si lo que si pidiese fuese que arreglasen el tobogán, de tal manera que l@s niñ@s no se caigan al bajar por el. Actualmente todos l@s niñ@s se tiran por el cesped utilizando unos cartones (muchos de estos cartones, se quedan tirados por el parque cuando l@s niñ@s se van para sus casas).

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • bolboreta
        bolboreta  •  Autor  •  31/08/2018 08:27:29

        O tobogán non está en mal estado. O que non hai é civismo. Non se pode encher o césped de cartóns e logo marchar para a casa e que os recollan os traballadores municipais ó día seguinte. E iso pasa todos os días.
        Fai pouco, ata arrancaron un anaco do céspede artificial e a tirolina está case sempre rota.
        Iso non é problema do Concello senón dun mal uso dos mesmos.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
      • @Argos_DeCore@mastodon.gal

        Semella unha proposta ben sensata e barata.

        1 voto  | 
        1
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos