Para os conductores en xeral, con diversidade funcional ou non, é moi difícil ver o nome das rúas (situadas nunha praca) porque están colocadas na esquina dun edificio a unha altura bastante elevada e a maioría das veces tapadas por unha árbore. Cando buscamos o nome dunha rúa, a altura da praca obriganos a sacar a cabeza fora da ventanilla para poder vela. Esta situación é perigosa porque deixamos de atender durante uns segundos o que temos diante ou detrás do coche. Poderíamos estudar cómo implantar esta nova señalización, pouco a pouco, por distritos por exemplo. Ademáis poderíamos sacar a concurso público o seu deseño.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro.
Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano.
Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Moi interesante. A cidade padece una carencia de sinalización importante das rúas, barrios y puntos de interese, que sofren tanto os veciños como especialmente os foráneos.
Moi interesante. A cidade padece una carencia de sinalización importante das rúas, barrios y puntos de interese, que sofren tanto os veciños como especialmente os foráneos.