Volver

Biblioteca para Novo Mesoiro

Viciño Viciño  •  20/04/2018  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 802

Propoó que se constrúa unha biblioteca completa para o barrio de Novo Mesoiro, como teñen os outros barrios da cidade. 

Porque o punto de préstamo que hai agora no Centro Cívico está ben para os rapaces, pero abre poucas horas ao día e se traballas de tarde non podes ir.

E que a dirixa a mesma rapaza que está agora atendendo o punto de préstamo actual, porque xa coñece aos usuarios, e os usuarios xa a coñecemos a ela. 

Descoñezo o custo de construir e dotar unha biblioteca, pero estou seguro de que é un investimento que o concello pode acometer para dar un servizo tan importante para o barrio, tendo en conta que somos moitos veciños e que na actualidade carecemos de equipamentos culturais e de acceso á sociedade da información.

 

Localización: Novo Mesoiro

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE técnicamente, en base ao informe que achegamos: "O Concello da Coruña non dispón actualmente de ningunha parcela no barrio de Novo Mesoiro na que poida edificar este equipamento. Á marxe desta situación, que podería ser obxecto de modificación no medio prazo, o custo de construción e dotación dunha biblioteca municipal supera o límite orzamentario establecido no proceso dos Orzamentos Participativos. Aínda cunha superficie de 1000 m2, notablemente inferior á recomendada pola FEMP (1.560 m2), o custo de construción situaríase no entorno do 1.000.000 euros, aos que habería que engadir os custos de dotación de equipamento informático, mobiliario, fondos bibliográficos, etc. Á marxe das consideracións en relación coa construción do equipamento, o Servizo de Cultura considera que non é viable a curto prazo a ampliación da rede de bibliotecas. O proceso de remunicipalización do servizo, coa próxima incorporación ao cadro de persoal do Concello de máis de 65 novos traballadores e traballadoras, condiciona no curto prazo as posibilidades de crecemento. Moitas grazas pola túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos que volvas participar con nós o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • mesoiro

    No hay ninguna zona de estudio en todo mesoiro. Y en todo Coruña ninguna biblioteca abre los domingo

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • mtk2

      Yo creo q la mejor propuesta que vá en esta línea y en la línea de las dos propuestas inmediatamente con más votos es un Centro Cívico....que pueda dar servicio al área de Mesoiro...que tenga biblioteca, espacios de juegos y actividades para niños y hasta actividades deportivas (aunque esto último ya necesitaría un tipo de infraestructura más específica), pero bueno...el presupuesto es el que és. Desgraciadamente.

      1 voto  | 
      1
      0
      Sen respostas
    Non hai fitos definidos