Volver

ALUMEADO SENDA PEONIL ISAAC PERAL- PASTEUR

quiquerivas quiquerivas  •  19/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 791

Na rúa Isaac Peral, no tramo entre a praza Alfonso XIII e a rúa Pasteur, por tras do colexio Sagrada Familia, as árbores tapan, na zoa peonil, a luz das farolas da calzada, e semella unha coba; pasa moita xente que vai dende Vioño e os Mallos cara a avda Fisterra e viceversa, tamén vai xente ó centro de especialidades e ó tanatorio. Se se puseran 5 ou 6 farolas de xardín, mais baixas que as árbores, daría seguridade o camiñante de non caeres nin tropezar; tamén hay un tramo de veirarrúa, xunto o tanatorio, con moita pendente que se podería suavizar. Ampliar, o tempo, un chisco a veirarrúa xa sería xenial, penso que o investimento non chegaría os 30.000 €

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • quiquerivas
    quiquerivas  •  Autor  •  19/04/2018 22:11:47

    Zoa de moitos desprazamentos nocturnos, pois no inverno, a partires das 18:00 non se ve nadiña. Vía usada por moita xente maior, para ir o parque de Vioño

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos