Volver

VIDEO VIXIANCIA NOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

dcalvobarca dcalvobarca  •  19/04/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 771

Instalación de cámaras de video vixiancia nos Xardíns de Méndez Núñez a fin de atallar o gasto derivado de destrozos provocados, sobre todo, de xoves a domingo. Protexer o reloxo, a saude das arbores e resto de vexetación asi como dar seguridade e reducir a cantidade de lixo que se xera, terían que ser motivos máis que suficientes para investir cartos que por outro lado se aforrarían se finalmente se logran atallar estes problemas.

Localización: Xardíns de Méndez Núñez

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • gaiteirino

    O se prohibe el botellón o se ponen cámaras para controlarlo. Los tiempos evolucionan y creo que el botellon perjudica la salud de los jóvenes y el propio parque. Todos ganariamos.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • @Argos_DeCore@mastodon.gal

      Semella unha idea razoable. Como tamén sería poñer un potente sistema de rego por aspersión para regar o xardín nas fins de semana.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos