Volver

Tarima ou cha para bailar ou para facer actividades físicas

lameduse lameduse  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

suelo.jpg
suelo.jpg

Código proposta de investimento: 1629

Moitas persoas bailamos  nesta cidade e as veces é dificil atopar un espazo público onde facelo de forma segura. Propoño a colocación dunha tarima ou un chan amplo para bailar ou para facer actividades físicas. Un chan que coide a saude dos nosos corpos danzarines.

Poderíase colocar nalgún espacio municipal como o Ágora ou nalgún espacio exterior como na explanada  da pérgola das Lagoas, onde está a cúpula, ou na explanada do Parrote. O ideal sería que a tarima estivera nun espacio no que todas as persoas podan utilizalo de forma libre sen ter que pedir permiso para o seu uso.

http://euro.harlequinfloors.com/es/tarimas-de-danza/

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos