Volver

Proxecto Patio Coeducativo CEIP Zalaeta

Emilio R. Blanco Emilio R. Blanco  •  14/05/2018  •  Distrito 10  • 

patio coeducativo CEIP zalaeta
patio coeducativo CEIP zalaeta

Código proposta de investimento: 1628

Un patio Coeducativo é un proxecto promovido polo CEIP Zalaeta ao que se une no seu desenvolvemento a unidade de investigación pARQc paisaxe arquitectura e didade da Universidade da Coruña para implementar unha proposta de intervención no Patio escolar mediante un proxecto participativo. Preténdese a elaboración dun proxecto executivo en base aos resultados obtidos nunha primeira fase do proceso participativo e a súa posterior construción nun proceso similar similar ao xa realizado a desenvolver no primeiro cuadrimestre do curso 2018-2019. A execución real do patio tería lugar no segundo cuadrimestre do curso. Orzamento:  Proceso participativo primeiro cuadrimestre 2018-2019   5.000 euros Sobre unha superficie de actuaciónde 1650 m2 e unha repercusión aproximada de 110 euros/m2-. Redacción de Proxecto Executivo   15.000 euros. Execución reforma Patio Escolar  180.000 euros.

 

Localización: Patio escolar do CEIP Zalaeta

Proposta en nome de: Unidade de Investigación pARQc da udc (paisaxe arquitectura e cidade), CEIP Zalaeta

Informe de custo

A proposta é VIABLE conforme ao seguinte informe técnico municipal: "A idea do proxecto é moi interesante xa que pretende repensar colectivamente os usos do patio escolar do centro, recollendo as transformacións desexadas. O deseño do proxecto debe realizarse de xeito participativo coa comunidade escolar, e a execución do mesmo terá un límite orzamentario de 200.000 euros."

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos