Código proposta de investimento: 1582
Resinalización dos límites de velocidade en todas as vías urbanas reducindo a 50km/h nas principais vías e a 30 km/h nas rúas interiores dos barrios.
En liña co recollido no plan municipal contra o ruido establecer medidas para garantir efectivamente que isto se cumpla: Controis de velocidade, badéns en pasos de peóns, etc.
Priorizar nas vías que entroncan coa avenida da Vedra.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Eu o dos badéns non o teño nada claro pois aumentan a contaminación do aire (https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0263224116307412). Podo entender que sexan necesarios nalgún punto concreto de baixa visibilidade ou algo similar pero non estou de acordo con unha proposta que os nombre como solución xeral. Penso que é moito mellor utilizar radares ou rotondas onde sexa posible con este obxetivo. Aínda así está claro que por exemplo para zonas residenciais con rúas amplias e moi pouco tráfico poden ser un mal menor.