Volver

Recuperación de rede viaria tradicional

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  14/05/2018  •  Distrito 5  • 

Camiños Elviña, Penarredonda, As Revoltas, Palavea
Camiños Elviña, Penarredonda, As Revoltas, Palavea

Código proposta de investimento: 1580

A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.

A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.

Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.

Informe de custo

A proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Da revisión efectuada non se detectou ningún aspecto (técnico, legal ) que impida a execución da proposta presentada. Os tramos a acondicionar (roza, firme en zahorra, treitos en formigón e sinalización) supoñen un orzamento de contrata aproximado de 65.856 euros. Non se presuposta o estudo de mobilidade nin a sinalización dos itinerarios peonís resultantes, polo que como proposta de distrito non supera o custo máximo de 200.000 euros. A zona de Elviña-Peñarredonda-Palavea presenta un viario descontinuo para os peóns, que dificulta os recorridos especialmente en torno as grandes infraestruturas o que poderíase paliar en parte ca recuperación de treitos de camiños tradicionais, pero faría falla a realización dun estudio de mobilidade no ámbito de referencia." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • myriamgoluboff@gmail.com

    Propuesta muy interesante para la recuperación de la posibilidad de comunicación peatonal de una zona.

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • rosabranas

      Toda a parroquia está illada do resto do concello, se non é por estrada. O acceso a pé é toda unha odisea. Boa iniciativa.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • Rexumeir@s
        Rexumeir@s  •  Autor  •  03/06/2018 10:23:50

        Nos últimos anos houbo iniciativas interesantes de recuperación da rede viaria, aí están a recuperacións e acondicionamento do Camiño de Saramelos, do camiño de Castro á Cabana e ao Martinete e o camiño de Feáns pola Agra de Campos. Como ben dis o acceso a pé é toda unha odisea, e ir andando de Elviña a Carracedo ou a Palavea non está exento de risco.
        Cómpre seguir traballando para recuperar a rede viaria que vertebra a parroquia e que comunica tanto coa Vila como cos concellos de Culleredo e Arteixo.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      Non hai fitos definidos