Volver

Mellora carril bici entre a fonte dos surfistas e o aquarium.

choiva choiva  •  14/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1494

É unha mágoa que un paseo marítimo tan bonito e longo como o noso teña nesta zona carencia de carril bici, ademais as bicicletas que van por aquí teñen que esquivar marquesinas e bancos... convertindo a situación en perigosa tanto para os que pasan andando ou na bicicleta.

 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a execución dun carril bici desde a rotonda dos surfeiros, situada no paseo Marítimo Francisco Vázquez, ata o acuario Finisterrae. O trazado escollido é a traza do antigo tranvía da Coruña, actualmente sen uso, lado mar. Dada a localización eliminarase un carril de circulación en sentido Riazor (carril compartido coa traza do tranvía). A sección de firme para o novo carril bici será dunha vía de dobre sentido e 3 metros de ancho fóra do paseo marítimo, e separada por balizas e bolardos da calzada de vehículos. Dado que non se vai afectar á infraestrutura da vía do tranvía, proponse a instalación dunha xeomalla no carril lado mar, como protección da vía, e a execución dun pavimento MBC AC 16 SURF cun espesor de 5cm. Así mesmo, realizarase un fresado superficial no resto da vía coa fin de eliminar os defectos que presenta en forma de erosións e fochancas, e reposición da capa de rodaxe de 6 cm de espesor. A sección de firme proposto para o carril bici estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. Devandito carril bici será unha vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A valoración para a creación de 1038 ml de carril bici desde a fonte dos surfeiros situado no paseo Marítimo ata o acuario Finisterrae é de 250.000,00€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Iván Seoane

    Se se elimina o tranvía, non voto a proposta, hai sitio pra todo.

    3 votos  | 
    2
    1
    Sen respostas
    • inou

      Non entendo porque hai tres propostas iguais, se logo se vai a repartir o voto e non saír ningunha, isto é unha tramapa. O carril bici do paseo ten cada vez máis afluencia, e efectivamente ao chegar á fonte dos surfeiros é un caos: peóns que para beber da fonte invaden o carril bici, un mapa turístico no propio carril, ... isto precisa dunha solución urxente porque senón é imposible a convivencia de peóns e bicis. Logo, tamén é fundamental ampliar o carril bici no tramo en que obrigan aos/ás ciclistas a ir sobre adoquíns soltos, é insufrible! e sorteando bancos. Paréceme incrible que teñamos que estar todos os anos pedindo algo que a todas luces require dunha solución urxente.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • juan_carlos

        Los carriles bici sin conexión son prácticamente inútiles y un desperdicio de los recursos municipales, que más que proporcionar soluciones lo que traen es problemas entre los viandantes y los ciclistas.

        3 votos  | 
        0
        3
        2 respostas (ver) 2 respostas (contraer)
        • cgomezr

          ¿Sin conexión? Si ese tramo es un "agujero" en el carril bici del paseo marítimo. Problemas más bien traerá la situación actual, que todos los ciclistas van por la acera en ese tramo.

          2 votos  | 
          2
          0
          Sen respostas
          • choiva
            choiva  •  Autor  •  01/09/2018 23:28:10

            Precisamente por iso fixen esta proposta.

            1 voto  | 
            1
            0
            Sen respostas
          Non hai fitos definidos