Código proposta de investimento: 1484
Hai unha situación de abandono no pavimento casi extensivo a toda a cidade. Hai rúas donde os baches son socavons.
Pido atención e solucions para que non sexa así.
Os cidadans que precisamos do coche sufrímolo directa e diariamente, pero tamén os transportes públicos e outros, padecen os problemas derivados do mal estado do pavimento das rúas.
Ainda que o coste das obras sexa cuantioso, non pode esquencerse esta necesidade, non debe deixarse nunca de lado, utilizando os canles presupuestarios necesarios.
A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico municipal: "A conservación e mantemento da pavimentación da cidade, por non ser unha infraestrutura nova senón a reparación dunha que xa está feita, supón que no orzamento municipal se transforme nun gasto corrente e non nun investimento, requisito indispensable para entrar no programa de Orzamentos Participativos. Aínda así, o Concello ten xa un contrato asinado de mantemento das rúas para facer esa labor de mellora." Agradecemos a túa colaboración e agardamos que participes na vindeira edición deste programa.
Máis votados