Volver

Mellora do Auditorio de Santa Margarida

birnarem birnarem  •  13/05/2018  •  Distrito 9  • 

Auditorio Santa Margarida
Auditorio Santa Margarida

Código proposta de investimento: 1460

O Auditorio de Santa Margarida é o único auditorio ao aire libre do que dispón a cidade. É un auditorio moi antigo e deteriorado, e que pode mellorar a súa configuración para adaptarse ás novas necesidades.

O ideal sería ampliar a capacidade das bancadas polos laterais ou incluso facendo burato cara abaixo. En todo caso, o que propoño sería polo menos mellorar a calidade das instalacións, mellorando o material das gradas facéndoo máis cómodo para as espectadoras, mellorando tamén o chan de cemento de abaixo, permitindo actuacións máis cerca das gradas centrais (material agradable para moverse e actuar en danza e teatro). Tamén, se é posible, a instalación dun escenario permanente, que sexa o suficientemente amplo e versátil que permita o uso para concertos e actuacións diversas sen necesidade da instalación dun escenario propio, simplemente adaptando o existente ao evento concreto.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A proposta de ampliar as bancadas descendendo á escea semella de certa complexidade dado o caracter rochoso do lugar no que se asenta. O importe consignado correspondese á mellora das superficies de asento e do foxo propostas, estimando un custo unitario de 100 €/m2 aplicado á superficie aproximada de 1.940 m2 do espazo." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • dpalleiro

    Boa falta lle fai unha renovación, e tamén una revitalización do espazo con máis concertos espectáculos durante o verán.

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • birnarem
      birnarem  •  Autor  •  19/05/2018 13:25:14

      Pois si, esa é a idea. É un equipamento só utilizado un par de veces ao ano (principalmente durante a Romaría de Santa Margarida), pero que podería utilizarse frecuentemente para actuacións e concertos. Incluso podería ser un bo lugar para a exposición de traballos de asociacións e pequenas escolas de teatro, música, danza, etc.

      2 votos  | 
      2
      0
      Sen respostas
    • fernando-pi

      É UNHA NECESIDADE. Sendo na actualidade un espazo infrautilizado, presenta un lamentable estado. Os que asistimos as pasadas festas en S. Margarida, puidemos comprobar que o anfiteatro está sucio, vello e sen iluminación (de noite non se ve para acceder as bancadas).Tal como dí o autor da proposta, birnarem, debería rehabilitarse, xa que ten moitas posibilidades de utilización. APOIAREI ESTA PROPOSTA.

      1 voto  | 
      1
      0
      1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
      • birnarem
        birnarem  •  Autor  •  11/09/2018 16:53:02

        Graciñas!!! Todo o que sexa recuperar do mellor xeito posible espazos de uso comunitario como este incrementa a calidade de vida da cidade ;)

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
      Non hai fitos definidos