Volver

Bosque en Carlos Casares

slamelov slamelov  •  12/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1402

O parque Carlos Casares, situado ao carón do antigo cárcere, é un espazo aberto con céspede. A proposta é plantar árbores abondo para crear un micro-bosque urbán moi preto dunha zoa protexida como é a contorna da Torre de Hércules. As árbores non só producen sombra e oxíseno, tamén servirían de fogar ás numerosas especies animais da zona, e sería un bo lugar de paseo e de lecer para todas as persoas. Non se trata só de plantar árbores, trátase de proxectar un micro-bosque.

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta persigue a creación dun bosque de pequeno tamaño nun espazo verde de grandes dimensións (para a cidade da Coruña). Se ben é certo que na zona hai árbores prantadas, tamén é certo que non se fixo coa filosofía da proposta, que resulta moi interesante. Estímase un orzamento de 9.600 euros correspondentes a 12 exemplares arbóreos." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • birnarem

    A falta de macrobosque bos son os microbosques! Hai un exemplo moi significativo de bosque dentro da cidade (neste caso nada micro) na cidade de Vilnius, por se podemos coller ideas para un macrobosque noutro lugar que haxa máis espazo: https://goo.gl/maps/srbdmbfWySG2

    En todo caso, magnífica proposta!

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos