Volver

Mellora parada bus avda Oza Tabacos

martinag martinag  •  12/05/2018  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1378

Son moitas as liñas de bus Urbano que teñen parada na Avda de Oza a altura da fábrica de Tabacos. O feito de que a parada estea ao nivel do carril de circulación provoca retencións de tráfico que chegan a afectar ao cruce da Avda de Oza con Ramón y Cajal. Propoño construir unha nova parada de forma que non prexudique ao tráfico, estando lixeiramente cara dentro da beirarrúa

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Joaquín Veira

    Disculpa pero no veo esta propuesta viable. Las paradas de bus que se meten hacia la acera se llenan de coches parados o directamente aparcados en ellas, lo cual desvirtúa su propósito. Por eso se hacen paradas de bus que no permitan estacionar en ellas.

    2 votos  | 
    2
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • martinag
      martinag  •  Autor  •  12/06/2018 02:20:27

      A proposta é para mellorar o tráfico porque en numerosas ocasións bloquease o cruce con Ramón y Cajal. As paradas de bus que se meten cara a rúa teñen sentido en rúas de dous carrís ou máis por sentido. Por suposto que non deben aparcar coches. Iso solucionaríase con maior vixilancia. Sempre priorizando o transporte público

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    • m_a_y_k_e

      Estoy de acuerdo en que hay que dar prioridad al transporte publico

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • fernando-pi

        Eu opino que debe ser ao contrario. Dar prioridade ao transporte colectivo e prexudicar o coche particular. Só así será posible mellorar a circulación e facer unha cidade máis humana.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos