Volver

Baños na planta principal do Mercado de San Agustín

abarran abarran  •  09/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1254

O Mercado de San Agustín ten nestes momentos dous baños para dar servicio ao mercado, tanto a clientes como as praceiras  

Esta situación resulta insostible nos días de eventos ou os días nos que recibimos a grupos, xa que resulta case imposible acceder aos mesmos polas colas que alí se forman. 

Na planta baixa é necesario ter na actualidade un baño público de fácil acceso, para poder dar servicio segundo a capacidade do propio mercado e das actividades que alí se levan a cabo.

Distribiuriase nun baño para homes e outro para mulleres pero en ámbolos dous casos estarían adaptados con cambiador de cueiros para as crianzas.

Trátase de dar un servizo necesario na actualidade aos clientes, visitantes e as praceiras, podendose ubicar nun dos postos baleiros do propio mercado. 

Proposta en nome de: Asociación de Vendedores do Mercado San Agustín

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos