Código proposta de investimento: 1219
A rúa Mosteiro de Bergondo que enlaza a Rolda de Outeiro coa rúa Mosteiro de Caaveiro no barrio do Ventorrilo e unha rua ancha e que e moti utilizada tanto por peóns como por vehículos. A liña 7 ten unha parada nesta rúa. Tamén están ubicadas aquí unha igrexa e un centro de servizos sociais. Fai uns anos amañáronse en parte alguns trozos de beirarrúa e cruzamentos. Sen embargo na meirande parte da rúa as beirarrúas son as existentes desde hai moitos anos, teñen o pavimento en mal estado, carece de árbores, bancos e demáis mobiliario urbano. Ao ser unha rúa ancha propoño a humanización desta rúa mellorando as beirarrúas, poñendo árbores e bancos creando así unha zona de continuidade para a humanización prevista na rúa Liaño Flores e a praza á caron das casas de Franco.
Localización: Rúa Mosteiro de Bergondo entre a Rolda de Outeiro e a Rúa Mosteiro de Caaveiro.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Máis votados