Volver

REHABILITACIÓN DA FACHADA DA FUNDACIÓN LUIS SEOANE

A. Martínez A. Martínez  •  08/05/2018  •  Distrito 10  • 

Antes e despois da posible intervención na Fundación Luis Seoane
Antes e despois da posible intervención na Fundación Luis Seoane

Código proposta de investimento: 1129

Actualmente a fachada da Fundación Luis Seoane mostra un aspecto lamentable, ennegrecida polo tempo e chea de pintadas. Proponse a rehabilitación da mesma mediante o pintado das suas superficies, o arranxo de fendas e a limpeza das partes de pedra do seu zócolo.

Sería interesante estudar, se o orzamento o permite, a realización dun gran mural ou lona aproveitando os grandes panos cegos da fachada, ilustrando unha das súas obras, pra dar mais relevancia e visibilidade a este gran museo.

 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • blaspa

    Muy buena propuesta. Gracias por incluir la aportación del mural ;)

    1 voto  | 
    1
    0
    Sen respostas
    • gaiteirino

      Esta pidiendo una mano de pintura desde hace años

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      • @Argos_DeCore@mastodon.gal

        Si, es chocante que un museo de arte sea tan feo por fuera. Si pertenece al ayuntamiento parece una buena propuesta.

        Ningún voto  | 
        0
        0
        Sen respostas
        Non hai fitos definidos