Volver

Acondicionamento do anfiteatro do Parque de Santa Margarida

platas-seixas platas-seixas  •  07/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1108

Como nunca houbo obras de mantemento no anfiteatro, e dada a importancia que ten para a realización de actividades culturais e musicais, sobre todo no verán e na romaría de agosto, propoño un estudo técnico pormenorizado e un acondicionamento integral que teña, por exemplo, pintado, mellora da accesibilidade e seguridade e colocación dunha cuberta para a protección nos días de moita calor ou chuvia.

Localización: Anfiteatro do Parque de Santa Margarida

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Mellorar ou restaurar ese espazo me parece moi boa idea, así como poñerla en uso con espectáculos varios, pero o de a cuberta non tanto porque perdería en boa parte a súa condición de auditorio ó aire libre e porque compre limitar o volume edificado nun parque.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
    • platas-seixas
      platas-seixas  •  Autor  •  29/05/2018 19:51:14

      Razoáchelo ben. A cuberta podería non ser total. Eu estaba pensando en días bravos. Pero iso é unha idea, teríase que ve-lo estudo técnico.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
    Non hai fitos definidos