Volver

REURBANIZACIÓN ZONA AXARDINADA DAS CASAS DE FRANCO NA RONDA DE OUTEIRO

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 9  • 

Vista do paseo San Xoan de Barcelona,
Vista do paseo San Xoan de Barcelona,

Código proposta de investimento: 1055

O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado.

A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de San Xoan de Barcelona.

Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación a ras de chan, que incrementarían a segregación respecto ó tráfico. 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta está razoada e é compatible co sitio. Trátase de espazo público cun deseño non adecuado ás necesidades e uso actuais que é susceptible de cambio e mellora. Considérase viable a transformación dos parterres existentes nun espazo máis contemporáneo. O arborado existente require dun estudo biomecánico específico e a proposta require un proxecto de execución." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • carlosferlop

    Hacen mucha falta zonas verdes en la zona del Agra hasta que no se abra el Parque del Observatorio. Muchos niños y ancianos lo agradecerán

    3 votos  | 
    3
    0
    Sen respostas
    • Pablo

      Estupenda propuesta.
      Tienes mi voto en cuanto arranque ese proceso.

      3 votos  | 
      3
      0
      Sen respostas
      • ciudadano36

        Muy buena propuesta. Los jardines que hay son ya de otra época. Hoy día se tiende a poder entrar en los jardines y no a rodearlos como sucede actualmente. Yo también he hecho una propuesta para una zona cercana, la de la plaza del Comercio. Saludo

        1 voto  | 
        1
        0
        1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
        • Marisma

          Espero que esta proposta sexa a mais votada para o distrito 9, xa que non é posible acometer a APAPTACION DO PLAN XERAL PARA FACER O PARQUE DEL AGRA NA ZONA DO OBSERVATORIO', xa que non é un investimento,segun o informe de inviabilidade do equipo técnic.

          2 votos  | 
          2
          0
          1 resposta (ver) 1 resposta (contraer)
          • 125

            O Parque do Observatorio non vai ser como moita xente pensa. Van a construír na metade do espazo dispoñible e a outra metade (a que está inclinada) vai ser a do Parque. Entón deberiamos esixir que se fixera o Parque pero sen que se aproveiten as constructoras.

            Ningún voto  | 
            0
            0
            Sen respostas
        Non hai fitos definidos