Volver

REURBANIZACIÓN DO PASEO DA DARSENA E DO PARROTE

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

Paseo da Dársena e do Parrote  no estado actual.
Paseo da Dársena e do Parrote no estado actual.

Código proposta de investimento: 1045

Actualmente o Paseo da Dársena e do Parrote é unha vía que viu reducido o seu uso trala peonilización da Mariña, polo que as suas seccións de viais atópanse sobredimensionadas.

Ademais, os materiais empregados nalgunhas das beirarrúas atópanse moi deteriorados, asi como a sua anchura é inferior á mínima legal. Proponse a creación dunha vía de preferencia peonil (coa posibilidade de utilización de plataforma única), humanización da mesma coa implantación de mobiliario urbán e plantación de arborado onde sexa posible (coma nas súas orixes).

Poderíase estudar a opción de remarcar no pavemento a ubicación da antiga prisión, así como o trazado das murallas que transcurre baixo a rúa. No caso de que o orzamento sexa insuficiente, proponse a intervención nunha primeira fase entre a Mariña e o Hotel Finisterre

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "Parte do espazo afectado pola proposta está incluído dentro do ámbito portuario e non depende, polo tanto, de competencias municipais. Require de autorización e aprobación da Autoridade Portuaria." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Boa idea.

    Ademáis cando fixeron a obra do parking disminuiron o ancho da beira rúa do lado do mar, para facilitar o paso do tráfico durante a obra, e logo "olvidaron" deixala como estaba antes.

    Que o Parrote recupere a súa relevancia.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    • Pablo

      Aunque la reurbanización tenga un presupuesto probablemente muy elevado, al ser una zona de interés turístico, se le debería dar cierta prioridad.

      Ningún voto  | 
      0
      0
      Sen respostas
      Non hai fitos definidos