Código proposta de investimento: 1042
O espazo ocupado polo antigo edificio militar demolido entre a Fundación Luis Seoane e o Hospital Militar atópase cercado e sen uso, nun estado lamentable.
Proponse a intervención neste espazo para a creación dunha comunicación vertical no pano da muralla que facilite a achega entre o aparcamento e os usuarios do Hospital así como da cidade Vella.
Deste modo, e dado o proceso de peonilización da mesma, os residentes e visitantes da mesma terían mais facilidades á hora de aparcar e acceder ó barrio, así como os usuarios deste servizo público de saúde. No caso de que o terreno do antigo edificio militar non pertenza ó Concello, realizar a comunicación co vial que circunda a fundación Luis Seoane, de titularidade municipal.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Máis votados