Código proposta de investimento: 1041
Trala actuación de hai uns anos de posta en valor das mesmas, actualmente a vexetación está a invadilas de novo, polo que proponse unha intervención de retirada da mesma, a aplicación de tratamentos que dificulten de novo o crecemento, así como a reposición da iluminación ornamental danada e a limpeza de zonas danadas por pintadas ou perdas de material de rexunte das pedras.
Podería estudarse, a maiores, se compre crear un plan de mantemento rutinario para evitar un gasto elevado recurrente.
Agradecemos a túa proposta pero non é viable pois as actuacións que propós supoñen gastos correntes e non de investimento, requisito fundamental para entrar no programa de Orzamentos Participativos.
Máis votados