Volver

CREACION DUNHA PEQUENA PRAZA NA CONFLUENCIA DA RÚA MARCONI COA RÚA MONDOÑEDO

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

marconi.JPG
marconi.JPG

Código proposta de investimento: 1033

Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de vehículos, sen beirarrúas nin espazo para o peón.

Proponse a creación dunha zona peonil claramente diferenciada dos pavimentos adxacentes na actualidade de formigón. Para iso, deséñase unha praza de aproximadamente 300m2 mediante un pavimento de laxas de granito.  Instalaranse bancos e xardineiras segundo a distribución da praza final. Dado que non se restrinxirá o tráfico polas rúas Marconi nin Mondoñedo, a solución exposta pretende crear unha zona claramente reservada para peóns, obrigando a circular cunha velocidade moi reducida ao tráfico, mediante unha praza elevada, empedrada, e franqueada por elementos urbanos que impidan o estacionamento no espazo peonil creado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Iván Seoane

    Yo tiraría la casa antigua de al lado para cerrar mejor la manzana y no quede ese mamotreto descolocado.

    2 votos  | 
    2
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos