Volver

Mellora da iluminación dos pasos de peóns (cebra)

pelines pelines  •  29/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 86

As veces atopánse algúns pasos practicamente a escuras. 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En relación á iluminación de reforzo dos pasos de peóns, non é aconsellable a súa implantación pois resaltar unha zona concreta dun vial afecta á uniformidade da luz e provoca así un efecto de burato negro nas zonas próximas ao paso de peóns, polo que unha persoa ou un obxecto situados na zona serían pouco visibeis para os condutores. O ideal é que o conxunto da vía teña un nivel de luz e uniformidade adecuados (o mesmo nivel en todas as zonas). Se se observa unha zona escura dun vial que casualmente coincida cun paso de peóns (descoñécese o caso), entón se podería reforzar a iluminación do vial nese punto, considerándose un custo de 2000 euros (IVE incluído) por unidade de actuación." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos