Volver

CASA DO XADREZ DA CORUÑA

ernestosagax ernestosagax  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 679

Un dos problemas comúns a moitos clubs da cidade é a ausencia de locais axeitados para a práctica deste xogo e co amplo horario necesario para o desenvolvemento das partidas. Polo que propoñemos dotar á cidade dunha casa de xadrez, como acontece noutras cidades (o caso mais cercano o de Ferrol). A idea presentada por AGAX busca beneficiar aos clubes coruñeses que están todos eles englobados na Asociación Xadrez Coruñés, de recente creación.

Para a nosa actividade é importante contar cun local  duns 200 metros cadrados e como material unicamente mesas e taboleiros.

Ademais a posta en funcionamento dunha Casa do Xadrez serviría tamén para o desenvolvemento doutras iniciativas culturais fundamentalmente a difusión doutros xogos clásicos de estratexia, de moitos dos cales temos restos en Galicia procedente da época medieval..

Proposta en nome de: Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.

Non hai fitos definidos