Volver

Área biosaudable para nenos e maiores

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  21/05/2017  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 659

En Elviña e Castro non hai ningún espazo de lecer, nin de xogos nin cultural, nin para os nenos nin para os maiores.

Proponse a creación dunha área de lecer que inclúa unha zona de xogos infantil, unha zona de descanso, unha zona biosaudable para maiores e unha zona de deportes.

 

 

Localización: Elviña e Castro de Elviña

Proposta en nome de: A.VV. Os Rexumeiros

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Actualmente existe solo con uso, segundo PXOM 2013, de espazos verdes (sistema local) na zona, concretamente o denominado EL-7/QG. O importe indicado como investimento corresponde cunha área de xogos para nenos e nenas e zona de instalación biosaudable para adultos duns 500 m2 en total. As obras comprenderían os pavimentos (60% caucho e 40% céspede), instalación e cerramentos, ademáis dos xogos instalados." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • vilas.salgado

    Nin unha soa área de recreo e esparcemento para nenos e maiores. Creo que vai sendo hora...

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos