Volver

Paso de Peóns no Lugar do Souto

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  21/05/2017  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 656

Cruzar desde a rúa do Souto ao Camiño das Penas da Grela resulta moi perigoso, pois é un cruce en curva no que habitualmente se supera a velocidade permitida (30 km/h). Este cruce é usado tanto por veciños de Castro, estudantes, visitantes ó castro de Elviña, e por moitas persoas que van de paseo pola zona.

A proposta é facer un paso de peóns que faga viable cruzar dun lado a outro, provisto de medidas de seguridade como bandas reductoras de velocidade para os vehículos, e un semáforo que os viandantes poidan pulsar para cruzar con total seguridade.

Localización: O Souto. Castro de Elviña

Proposta en nome de: A.VV. Os Rexumeiros

Informe de inviabilidade

O cruce da estrada a que se refire a proposta está situado nunha estrada non municipal, da que é titular a UDC polo que a proposta non é viable.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Rexumeir@s
    Rexumeir@s  •  Autor  •  24/05/2017 22:26:48

    O risco de cruzar é para os que camiñan desde a rúa o Souto ao camiño das Penas da Grela, e viceversa, que si son de titularidade municipal.
    En consecuencia, o lóxico é incluír dentro da proposta a incorporación do vial intercampus ao viario municipal.

    Ningún voto  | 
    0
    0
    Sen respostas
    Non hai fitos definidos